A Deputación da Coruña mellorará as piscinas de Outes e Muros

    MUROS/OUTES> A Deputación da Coruña aprobou esta mañá no transcurso do seu último pleno ordinario do ano dous convenios de colaboración que posibilitarán a mellora das piscinas municipais de Muros e Outes. Este foi un dos acordos de máis importancias dos abordados hoxe na sesión xa que o investimento destinado a estas dúas actuacións achegarase ós 350 mil euros. Na piscina de Outes o proxecto prevé resolver os problemas construtivos do edificio e mellorar as instalacións existentes, a través da reparación da actual cuberta do vestíbulo e a substitución da carpintería exterior por aluminio con rotura de ponte térmico e vidros illados. O investimento do organismo provincial será de preto dos 25o mil euros, o que representa o 100% do custo do proxecto. En canto a piscina de Muros, a Deputación financiará tamén a reparación da cuberta da instalación, que pasará a ser a dúas augas, e a substitución dos actuais lucernarios por outros tipo bicapa. Nesta actuación a achega provincial ascenderá a uns 93.500 euros, que representa tamén o total do orzamento necesario para acometer as obras.