Gonzalo Durán: ‘Os partidos non nos tratan ben ós alcaldes’

    SALNÉS> O presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova asegura que non lle resulta raro que rexedores de longa traxectoria como o da Illa descarten presentarse ás novas eleccións municipais. Di que non é raro que precisen pechar etapa, posto que a función de rexedor municipal non está valorada polas formacións políticas. Non salva a ningunha. Nin sequera á súa, o Partido Popular. Di Gonzalo Durán que foi o primeiro que pensou cando se enterou de que Manuel Vázquez renunciaba a presentarse de novo ás eleccións municipais. O rexedor vilanovés xa o sabía antes de que Vázquez o fixera oficial o pasado martes. Contárallo o mesmo alcalde illense tempo antes. Aínda que recoñece diferenzas con Vázquez no político, o presidente da Mancomunidade do Salnés recoñece a súa labor por ser, precisamente alcalde. Por estar ó carón dos veciños. Durán di non coñecer os plans que terá o rexedor illense pasadas as municipais. Sexan cales sexan deséxalle sorte. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/GONZALOALCALDEILLA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/GONZALO_ALCALDE_ILLA.mp4{/flowplayer}