A deputación entraga un microbús a Fundación Lar

    VILAGARCÍA > A vicepresidenta da deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa fixo entrega hoxe a Fundación Lar pro – saúde mental en Laxe

    …Vilagarcía de un microbús para facilitar os desprazamentos dos enfermos que se atopan nos centros desta entidade.

    Unha necesidade que esperaban fai tempo que lles axudará a prestar un mellor servizo. Nas inmediacións da fundación Lar hoxe había máis expectación do normal. A ocasión o merecía.

    Despois de moitos meses de xestións o microbús de 22 prazas e acondicionamento especial chegou de mans da vicepresidenta da deputación, Teresa Pedrosa que manifestou a súa sarisfacción pola entrega A directora da fundación Lar tamén expresou a súa ledicia pola cantidade de problemas que solucionará este microbús, por exemplo que os enfermos deixaranse de transportar en furgonetas.

    O microbús fará a ruta polos pobos máis importantes da comarca do Salnés. O acto rematou ca foto tradicional de cordialidade

    Redacción Salnés