A POBRA> Ó igual que o resto dos concellos da comarca, A Pobra recupera este ano o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade. Será o 2 de decembro no pavillón de Venecia. As entradas poderanse adquirir a partir do próximo luns.
Os maiores de 60 anos están convidados á xuntanza de confraternidade da Pobra que se celebrará o día 2 de decembro nas instalacións do pavillón de Venecia. O interesados en asistir poderán reservar a súa entrada na casa consistorial dende o próximo luns día 14 ata o 29 de novembro. O prezo do menú é de 15 euros.
Para a organización deste xantar, a corporación municipal aprobou unha partida de 40 mil euros con cargo ó remanente de tesourería.
Precisamente dende o concello quixeron agradecer a colaboración de numerosas empresas e casas comerciais que ademais de financiar parte do xantar colaboran coa doazón de produtos a sortear entre os asistentes.