Sobe o paro en Decembro en toda Galicia

O SALNÉS> O pasado mes de decembro subiu o paro en Galicia en case 3.300 persoas. Este é pois un mal dato para rematar un 2014 no que, en termos globais, o paro descendeu na nosa comunidade en menos 19.000 persoas.

España pechou o ano 2014 con 4.447.711 parados ó descender o paro nunha porcentaxe do -1.4 %. Neste mes de decembro, a nivel nacional, 5.404 persoas encontraron emprego. Na nosa comunidade pechouse o pasado ano con 251.918 parados, o que supón un incremento do desemprego do 1.32 %, o maior de toda España. Na Provincia de Pontevedra volveuse a superar a cifra dos cen mil parados neste último mes; sumando 1.247 persoas máis as listas de desemprego, un 1.26% máis. Nesta provincia hai arestora unhas 100.428 persoas no paro. Desde a Xunta de Galicia resaltan os termos relativos anuais; dos que se tira que Galicia ten 19.451 desempregados menos que a finais do 2013. Sitúase así na terceira comunidade na que máis baixou o paro en termos relativos á evolución anual. Por comarcas, as de Arousa e o Barbanza están entre as que máis emprego destruíron no mes pasado, ó igual que nos once meses anteriores. Por concellos, O Grove, Cambados e Vilagarcía lideran o incremento de paro con 132, 110 e 96 novos desempregados máis, respectivamente. Na comarca de Pontevedra, subiu o paro en 27 persoas en Sanxenxo, 19 en Barro e 7 en Pontevedra cidade. Cabe salientar aquí o aumento do desemprego en Poio, con 22 traballadores en activo máis. No Barbanza, Boiro sumou 233 novos parados, seguido de Rianxo e A Pobra, con 176 e 96, respectivamente. Por sectores, a construción e a industria foron os máis afectados.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/05/paro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/05/paro_decembro.mp4{/flowplayer}