Moreira esixe aos socialistas que rompan o pacto de goberno tralas súas críticas ao BNG

PONTEVEDRA> A localización en A Canicouva da planta de compostaxe sacode o bipartito de Pontevedra. O pasado sábado, o PSdeG acusaba ao alcalde pontevedrés e ao BNG de traicionar a Pontevedra e aos seus votantes. Os socialistas non entenden a diferenza de postura dos nacionalistas neste proxecto e a oposición frontal que mantiveron no ano 97 contra a empacadora pensada para Vilaboa. Ante esta polémica, o Partido Popular pediu coherencia no bipartito ou que se rompa o pacto de goberno.

 

O Partido Popular de Pontevedra non pasa por alto a última discrepancia entre o bipartito que dirixe o concello. Jacobo Moreira criticou a actitude dos socialistas para cos seus socios de goberno, despois das declaracións do líder do PSdeG local, Agustín Fernández, polo apoio do BNG á planta de compostaxe.

Moreira pediu aos socialistas que, de pensar así do seu socio de goberno, rompan o pacto.

Sobre a postura do Partido Popular sobre a planta de compostaxe, Moreira insistiu en que o apoio cidadán será fundamental para que o proxecto consiga o respaldo dos populares.

Os que non quixeron entrar en polémicas foron os nacionalistas. O voceiro do goberno, Raimundo González optou por restar importancia ás declaracións dos socialistas e asegurou que os calificativos que pronunciaron “definen máis a quen os fai que a quen os recibe”.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/12/moreira_planta_compostaxe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/12/moreira_planta_compostaxe.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí