A reforma do CEIP Daría González, exemplo de cooperación entre Goberno central, Xunta e Deputación

PONTEVEDRA> Deputación, Xunta e Goberno de España visitaron hoxe o resultado das obras levadas a cabo no CEIP Daría González, na cidade infantil Príncipe Filipe de Pontevedra. O centro foi reformado no seu conxunto, grazas a unha achega do executivo central de 1,7 millóns de euros. As tres administracións aproveitaron o acto para salienta-la importancia da cooperación entre elas para facer realidade un proxecto como este.

A reforma integral do CEIP Daría González, na cidade infantil Príncipe Filipe de Pontevedra, é un exemplo de cooperación entre Xunta, Deputación e Goberno central. Así o cren as tres administracións, que esta mañá visitaron xuntas o resultado destas obras.

Aquí, o Goberno de España financiou integramente os traballos, achegando 1,7 millóns de euros no marco do PIREP, o Plan de Rehabilitación de Edificios Públicos.

O subdeledega do executivo central en Pontevedra, quixo aproveitar para poñer en valor o traballo feito polos que agora están, pero tamén polos que pasaron antes, como a expresidenta provincial Carmela Silva ou a anterior subdelegada, Maica Darriva.

Tamén o Conselleiro de Educación destacou a boa práctica que supón a colaboración entre administracións para mellorar un servizo fundamental, como é a edución.

O presidente da Deputación sinalou que o traspaso deste centro educativo á Xunta vai ser nunhas condicións inmellorables. Deputación e Xunta asinaron hai agora case un ano ese protocolo para transferirlle a titularidade dos centros educativos situados na Cidade Infantil Príncipe Felipe ao goberno autonómico.

E engadiu López, no que vai de mandato o organismo provincial investiu no conxunto da cidade Infantil Príncipe Filipe 3,2 millóns de euros.