Pontevedra presumirá de ‘Orixes’ na Feira Internacional de Turismo

PONTEVEDRA> A vindeira semana comeza en Madrid a Feira Internacional de Turismo, Fitur. A Deputación de Pontevedra non faltará a esta importante cita, que aproveitará para presentar a súa campaña promocional para o 2023. ‘Orixe Rías Baixas’ presentarase o xoves pola tarde no stand de Turespaña e supón unha aposta polo orgullo de pertenza a este territorio.

A Feira Internacional de Turismo, Fitur, repetirá como o escenario no que a Deputación de Pontevedra presentará a súa campaña de promoción para este 2023: ‘Orixe Rías Baixas. Un ano e mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra’.

A presentación será o día 19 pola tarde no stand de Tourespaña, no marco dun acto especial dirixido pola artista Julia de Castro.

Ademais, a Deputación contará por primeira vez cun posto promocional en Fitur Screen e divulgará o proxecto de turismo deportivo no primeiro Fitur Sport Tourism Summit.

A delegación provincial asistirá tamén á Gala Q de Calidade. Nela revalidaranse os distintivos acadados en anos anteriores e o Museo de Pontevedra recollerá o primeiro galardón Q que se concede a un museo en Galicia.