Poio pospón o enterro do mexilón en Combarro

Pontevedra> O enterro do mexilón de Combarro suspéndese por mal tempo. Concello e asociación Ateneo Corredoira decidirán mañá para qué día se pospón esta celebración. A axenda no concello de Poio está completa neste mes, pese a isto, agardan poder pechar esta cita para a primeira quincena de marzo. As previsións de mal tempo para a xornada de mañá, 2 de marzo, fai que se pospoña o enterro do mexilón de Combarro. Mañá concello e asociación Ateneo Corredoira porán unha nova data para celebrar este enterro.Dende o concello agardan non ter que levalo máis alá do 25 de marzo. Data na que xa teñen sinalado o final do Entroido co enterro do Galo Fodorico. Nesta fin de semana haberá moita festa no concello de Poio, pero serán a cuberto co cal o tempo non influirá en absoluto. Quedan por diante moitos días de festa e de troula no concello de Poio. Co enterro do Berberecho o día 11 de marzo en San Salvador. O enterro do Galo Bruxo o 18 deste mes en Samieira e o enterro do Galo Fodorico o día 25 que pechará o telón de actividades de entroido do concello de Poio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/poio.mp4{/flowplayer}