Amencer celebra o Día Mundial da Parálise Cerebral na Peregrina

PONTEVEDRA> A Peregrina foi testemuña directa dunha xornada diferente na praza. Curiosos, nenos e a comunidade ao completo de Amencer-Aspace déronse cita en Pontevedra para celebrar o Día Mundial da Parálise Cerebral. Rosa Meis é unha usuaria dun dos centros que Amencer Aspace ten en Pontevedra. Ela como o resto dos seus compañeiros é unha loitadora que non entende de barreiras. O Día Mundial da Parálise Cerebral foi o gallo para reunir a comunidade de Amencer Aspace, este mércores, na praza da Peregrina de Pontevedra, onde Rosana Sánchez, coordinadora dos centros de día de Amencer, nos comentaba as intencións da actividade que realizaron no centro da vila ante a mirada de moitos familiares, amigos e curiosos. O acto de este día festivo para todos aqueles afectados por esta doenza, rematou en Pontevedra coa lectura dun manifesto que leron Rosa Blanco e Rosa del Mar Viéitez, no que pediron que se recoñeza a diversidade e se respecten as necesidades de cada persoa e se busquen as solucións adecuadas en cada caso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí