VILAGARCÍA> Co frío, as ONGs non poden baixar a garda. As baixas temperaturas dificultan as condicións das persoas que viven na rúa ou en infravivendas, de aí que o roupeiro sexa un dos servizos máis reclamados estes días. É o caso de Cáritas Interparroquial de Arousa.
Perchas cheas de roupa de abrigo. Estantes completos con xerseis e camisetas. Prendas para todas as idades, dende adultos ata bebés. Moreas de mantas e sabas. No roupeiro que Cáritas Interparroquial ten na rúa Santa Eulalia de Vilagarcía, traballan 22 persoas de xeito totalmente voluntario para axudar aos que peor o pasan.
Agora a demanda é menor, pero o frío do inverno non axuda. Por iso, moitos sen teito de Vilagarcía seguen acudindo ao comedor social da praza da Constitución para equiparse para a vida na rúa.
A Cáritas non só recorren os sen teito. Tamén veciños da comarca que viven en infravivendas, ou familias con ingresos limitados que non poden facer fronte aos pagamentos dun fogar.
Unha atención que é posible grazas á xenerosidade da xente.
As portas desta oenegué están sempre abertas. Así as cousas, manteñen sempre presente o seu obxectivo final.
E moitas destas iniciativas xa deron os seus froitos. Cáritas pechou o 2014 atopando traballo para catro dos seus usuarios no último trimestre. Unha cifra que agardan se incremente neste 2015, que arrancan con folgos renovados.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/12/roupeiro_caritas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/12/roupeiro_caritas.mp4{/flowplayer}