O Paraxe Con Festival chega mañá con actividades para toda a familia

O GROVE> A praia de Espiño converterase a partir de mañá nun parque acuático provisional con divertimento para pequenos e música, moita música e entretemento para os máis medrados. Son as notas que trae este ano o Paraxe Con Festival. Entre as novidades deste ano, concentracións de flotadores e colchonetas nos tres días de celebración. Actividades para nenos, espectáculos, un concurso de fotografía e concertos. Son as actividades que marcarán este ano a décima edición do Paraxe Con Festival, un certame que desde o ano pasado se celebra na praia do Espiño con aires renovados e un formato máis familiar. Entre as novidades que se incorporan este ano ó programa, a concentración de flotadores e colchonetas. De balde e aberta a todo aquel que se atope no areal. Todo instrumental que flote está permitido. Engadir que tódolos participantes recibirán un agasallo só por pasalo ben e chapotear un anaco na auga. Pero para divertimentos acuáticos, o parque que se montará pensando nos máis cativos, onde poderán desfrutar das atraccións a cambio dunha entrada de oito euros. Tamén haberá oco para os deportes, mañá por exemplo volei praia, e moita música a partir das once da noite. Desde a organización lembran ós pais que vaian con cativos que dispoñen de servizo gratuíto de gardería. Tódalas facilidades para pasar tres días de diversión, e con bo tempo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/14/connegrofestival.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/14/PREVIA_CON_FESTIVAL.mp4{/flowplayer}