Graña e Conservatorio, premios Cidade de Pontevedra

1

PONTEVEDRA> O xurado reunido esta mañá acordou por unanimidade as candidaturas gañadores. Os premios entregaranse o vindeiro luns no Pazo da cultura coincidindo coa celebración do patrón da cidade, San Sebastián. Óscar Graña na categoría de persoas físicas e o Conservatorio de Música na de persoas xurídicas. Estes son os nomes que desde hoxe se suman á lista de galardoados cos premios Cidade de Pontevedra. Traxectorias distinguidas polos logros acadados no pasado 2013. Graña, no eido deportivo, pola súa proclamación como campión de Europa e do Mundo na especialidades de Maratón. Un exemplo, segundo o xurado, de superación. No caso do Conservatorio de Música, o recoñecemento vén polo esforzo realizado o ano pasado de abrir o centro á cidadanía e contaxiar o espírito musical cos actos de celebración do seu 150 aniversario. O xurado reunido esta mañá decidiu o nome dos dous premiados por unanimidade. Había seis aspirantes, o avogado Javier Munáiz e o historiador Xosé Fortes completaban os aspirantes na categoría de persoas físicas; O Rotary Club e o Club Cisne de Balonmán a de persoas xurídicas. A entrega dos premios celebrarase o vindeiro 20 de xaneiro no Teatro Principal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/premioscidadepontevedra2013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/PREMIOS_CIDADE_PONTEVEDRA_2013.mp4{/flowplayer}

COMPARTIR