
PONTEVEDRA> Á marxe do desenrolo do xuízo desta mañá, os traballadores continuarán a folga con máis azos se cabe; namentres a empresa asegura, pola súa parte, que cada día que prosegue a folga a situación económica da empresa empeora.
Este tira e afrouxa entre os traballadores en folga e a dirección da empresa Lantero ten serias repercusións na masa social da empresa e na súa economía. Por unha banda, os traballadores soportan 94 días de folga; sen soldo e montando garda ante as instalacións que a cartoneira ten no Pousadoiro. A día de hoxe, xa se efectuou o despido de 48 traballadores no paro trala aplicación do ERE, unha cifra que ascenderá en breve ata ás 56 persoas propostas. Ante este panorama e á espera da resolución xudicial do xuízo de hoxe, continuarán ca folga de xeito indefinido. Este Presidente do Comité de Empresa defende que os traballadores non queren magoar a empresa ó perseverar na folga senón manter os seus postos de emprego pero en condicións dignas. Pola súa parte, a empresa asegura estar a soportar a día de hoxe unha perda do volume de negocio do 78%, que se agrava con cada día que pasa ó minguar tamén a súa carteira de clientes polo desabastecemento do mercado. Tras tres meses de conflicto as posturas están aínda máis enquistadas que na súa orixe. Parece que só as resolucións legais poidan variar o estado actual desta loita sociolaboral.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/folga.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/repercusions_sociais_empresariais.mp4{/flowplayer}








