Primeira Xunta Local de Seguridade da Alcaldesa de Vilagarcía

    xuntavilagarcia_100_001.jpgVILAGARCIA > O subdelegado do goberno, Delfín Álvarez, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García e os responsables…

    …da Policía Local, Nacional e Garda Civil vilagarciáns, déronse cita esta mañá para celebrar a xunta local de Seguridade. Tratáronse temas relacionados coa seguridade cidadá, a seguridade vial e a violencia de xénero.

    Esta foi a primeira xunta que Dolores García preside como alcaldesa de Vilagarcía, e a segunda que se celebra este ano O primeiro obxectivo que tiñan na xunta de seguridade, foi aprobar o plan conxunto de seguridade.

    Teñen tamén unha mesa de coordinación policial, que é a súa ferramenta de información sobre o traballo policial

    Os participantes da mesa comprometéronse a levar a cabo dúas reunións mensuais, para que todas as forzas de seguridade, teñan acceso a tódolos datos

    Tamén se lembrou na xunta, que nestes once meses houbo un incremento de mais do trinta por cento nos delitos e diminuíron as faltas. Como dato positivo, ese incremento nos delitos, ven dado polo aumento nas denuncias de malos tratos.

    En Vilagarcía hai sesenta ordes de protección a vítimas de violencia de xénero e vinte oito expedientes firmes de infraccións que comportan, retirada de puntos no carné de conducir.

    Redacción Salnés