NOIA> O Conservatorio Felipe Paz Carvajal de Noia pechará o curso con sete concertos enmarcados no Xuño Musical. Ademais dos previstos na propia localidade, están programadas tamén actuacións en Porto do Son e na localidade de Esteiro.
O xoves día 6 arrancará a programación do Xuño Musical cun concerto a cargo dos alumnos de Grao Elemental no Coliseo Noela. Será o primeiro dun ciclo de sete concertos que se desenvolverán tanto en Noia como en localidades limítrofes, como é o caso de Porto do Son e Esteiro.
Trátase dunha programación especial coa que os alumnos do conservatorio poderán exhibir o aprendido ó longo de todo o curso, no que xa se veu desenvolvendo un concerto mensual.
O ciclo rematará o venres 28 cun gran concerto na rúa do Curro no que tomará parte todo o alumnado de orquestra, banda e coro.











