Rianxo participa na campaña ‘Máis que comercio’

    RIANXO> A directora xeral de comercio, Sol Vázquez, presentou xunto cos responsables da asociación Rianxeira de empresarios a campaña ‘Máis que comercio!’. A iniciativa desenvolverase durante todo o mes de outubro.

    O pequeno comercio de Rianxo participa na campaña Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio! promovida pola Xunta de Galicia onde se busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. As persoas que merquen nos comercios asociados ao centro comercial aberto recibirán durante todo o mes de Outubro un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na páxina web www.maisquecomercio.com. Esta iniciativa percorre diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano co obxectivo de resaltar os valores do pequeno comercio. A dirección xeral de comercio tamén colabora nas xornadas gastronómicas que se realizan en Padrón baixo o lema “Saborea Padrón” os dous primeiros venres e sábados de Outubro. As actividades incluirán obradoiros de cociña, animación de rúa e unha xornada de noite aberta para o comercio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/03/presentacioncampañacomercialrianxo0310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/03/presentacioncampañacomercialrianxo031014.mp4{/flowplayer}