O PSOE de Boiro pide melloras no mercado e no centro de saúde

    BOIRO> O PSOE de Boiro esixe ó goberno local a reparación das deficiencias do mercado municipal e o centro de saúde. Consideran os socialistas que a falla de mantemento agravou o deterioro destas instalacións públicas cos consecuentes prexuízos para os seus usuarios. Facéndose eco das queixas dos praceiros e usuarios do mercado municipal, a agrupación socialista de Boiro reclama unha serie de melloras no recinto. Refírense principalmente á mellora da limpeza para evitar os problemas de malos olores e chan esvaradizo xa que na última semana rexistráronse dúas caídas. Piden ó executivo local que, tal e como demandan dende hai anos os vendedores, se incorpore un encargado para velar polo correcto funcionamento da praza e doutros servizos como os estacionamentos para carga e descarga dos profesionais. Pero o estado do mercado non é o único que preocupa ós socialistas que tamén denuncian deficiencias no centro de saúde. A máis grave, din, son as goteiras. Ademais de solucionalo instan ó concello a iniciar os trámites para que o SERGAS asuma o mantemento do centro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/psoeboirodeficienciaspraza1501151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/psoeboirodeficienciaspraza150115.mp4{/flowplayer}