Os ribeireses vólcanse coas vítimas do terremoto de Perú

    teatroperu_100_280807.jpgRIBEIRA > A campaña de axuda a Perú iniciada polo concello de Ribeira, en colaboración coas ONG´s do municipio, non podía empezar con mellor pé.

    Tal e como intuían os responsables das concellerías de Cultura e Xuventude, a poboación ribeiresa non defraudou e xa son preto de mil euros os fondos recadados para axudar ás vítimas do terremoto de Perú a tan só uns días de inicia-la campaña.

    A primeira actividade consistiu nunha función benéfica representada polo grupo municipal xuvenil de Ribeira que levou a escea a obra ‘Volverasme a ver’. Máis de 200 persoas acudiron á convocatoria solidaria, aboando unha contía de tres euros por cada entrada. En total vendéronse 260, o que supuxo unha recadación de 780 euros. A estes fondos súmanse os recadados na fila 0, para aqueles que a pesar de non asistir á función quixeron facer unha aportación, chegando a contía total a mil euros.

    Estes fondos serán destinados integramente ás vítimas do devastador sismo rexistrado en Perú hai unha semana a través das ONG´s participantes na campaña: Mans Unidas, Cáritas Parroquial, UNICEF, Intermon-Oxfam, Dignidade Ribeira e Cruz Vermella.

    Ademais están aínda pendentes de recontar os donativos ingresados nas contas bancarias destas organizacións, que se levará a cabo ó longo do mes de setembro apra ser remitidos a Perú. 

     organización quixo agradecer a colaboración da cidadnía de Ribeira e instou a que sigan aportando a súa axuda atrave´s das contas bancarias. Ademais xa traballan no deseño de novas actividades solidarias de cara a celebración das festas patronais de Santa Uxía.

    Redacción Barbanza