Os montes sonenses pioneiros nun traballo de investigación de zonas queimadas

PORTO DO SON> A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá diversos montes que resultaron afectadas pola vaga de lumes de 2016. Un ano despois dende a vaga de lumes que asolou en 2016 a diversas montes do Concello, a titular de Medio Rural visitaba esta mañá novamente a zona cero, a máis afectada polos incendios. Quería comprobar in situ o resultado dos traballos levados a cabo nesta zona para a consolidación do terreo e evitar así a súa erosión. Traballos nos que a Consellería investiu máis dun millón de euros. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán realizou ademais un control das acción levadas a cabo para ver a evolución dos tratamentos, a través da monotorización de varias parcelas, nas que actuou con labores como o esparexido de palla para fixar a vexetación. Porto do Son está a ser ademais escenario dun traballo pioneiro de investigación que podería ser extrapolable a outras zonas afectadas polos lumes con especial virulencia.