Desbloqueada a segunda fase de remodelación da praza con 750.000 euros

    VILAGARCÍA> En Vilagarcía, xa está encamiñada a segunda fase de remodelación da praza de abastos. O proxecto base conta cun orzamento de 750 mil euros, dos cales a Consellería de Economía aportará 120 mil. Iso si, aínda non hai data para o arranque dos traballos.

     

    750 mil euros para a segunda fase da remodelación da praza de abastos. Este é o orzamento que contempla o proxecto base que xa manexan Concello e Xunta, do que 120 mil euros sairán das arcas autonómicas.

    Fóra desta segunda fase queda calquera actuación na zona na que se vende a verdura, evitando a polémica que se xerara cando se puxera sobre a mesa a opción de derrubar esa parte do edificio para a creación dun aparcadoiro.

    Os traballos centraranse no edificio principal, aínda sen rehabilitar. Contemplándose o uso dunha segunda planta á que se accedería por medio dunhas escaleiras mecánicas.

    Iso si, a intención é buscar en todas as actuacións o consenso cos praceiros e clientes.

    Aínda non hai datas para o arranque dos traballos, que continuarán o xa empezado na primeira fase. Obras que contaron cun orzamento de 904 mil euros.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/16/conselleiro_economia_praza_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/16/conselleiro_economia_praza_vilagarcia.mp4{/flowplayer}