![]()
VILAGARCIA> Os arqueólogos da Deputación de Pontevedra descubriron máis de 20.000 pezas en Alobre. Un descubrimento que confirma o carácter comercial do xacemento, e polo cal a presidenta, Carmela Silva se comprometeu a iniciar conversacións ca Xunta de Galicia e o Goberno de España, para, deste xeito continuar impulsando as escavacións na provincia de Pontevedra.
O alcalde de Vilagarcía recibiu, este mércores en Alobre, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Ambos, acompañados polo arqueólogo, Diego Piay, visitaron a escavación que a institución está a piques de rematar en Alobre, e na que se atoparon máis de 20.000 pezas.
A presidenta sinalou a importancia destes xacementos fundamentados non só no aspecto histórico, senón tamén no atractivo turístico que representan para as vilas nas que se atopan.
O alcalde de Vilagarcía, pola súa parte, tamén fixo fincapé na difusión educativa, para dar a coñecer aos escolares como eran os anteriores habitantes da zona e a súa historia.
Silva e Varela asinaron un convenio a través do cal a institución provincial se compromete a destinar máis de 150.000 euros para a posta en valor de Albobre.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/26/carmela_castro_alobre_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/26/carmela_castro_alobre.mp4{/flowplayer}











