Cambados amplía as medidas nos cemiterios para evitar os contaxios no día de defuntos

CAMBADOS> Preocupación nos concellos de cara as visitas aos cemiterios no día de defuntos. Os gobernos municipais extreman as medidas para evitar a propagación dos contaxios. Os concellos seguen as recomendacións da Xunta e limitan a 4 os grupos dos visitantes e a media hora o tempo das visitas.

O día de defuntos coincidirá cun dos picos máis altos de contaxios na nosa contorna. Para evitar a propagación, dende a xunta xa mandaron aos concellos un protocolo de actuación recomendable para controlar os cemiterios. A preocupación é máxima entre os gobernos municipais e por iso ampliarán as medidas recomendadas.

As medidas son variadas e todas están encamiñadas a evitar aglomeracións.

Os visitantes teñen que ter en conta as recomendacións para evitar os contaxios.

No caso de Cambados, os concello porá carteis nas entradas dos cemiterios para que os visitantes coñezan as normas. Dende o goberno municipal aconsellan á veciñanza realizar as visitas ao longo destes días e evitar así as aglomeración o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí