A Plataforma Variante Non esixe a retirada do proxecto de Fomento

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/variante_non.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/plataforma_valga.mp4{/flowplayer}

VALGA> Os veciños de Valga opóñense frontalmente á realización dunha variante que pase por este Concello, como alternativa á nacional 550. Non lles vale ningunha das propostas do Ministerio de Fomento polo que xa están a traballar nunha proposta de alegación conxunta. Esta fin de semana constituíse formalmente en Valga a Plataforma NON á variante, ca que os veciños queren expresar a súa oposición a costrucción dun novo vial que pase por este Concello, tal e como propón o Ministerio de Fomento. Estes veciños pensan que non é mester acometer unha variante en Valga posto que eles non teñen problemas de tráfico, e a conxestión arestora existente nos Concellos de Cesures e Padrón verase solventada ca variante que se estreará en breve. Na reunión fundacional desta fin de semana acordaron presentar unha alegación conxunta que estes días circula polo Concello, ca intención de que sexa asinada polo maior número posible de veciños. O tempo apremia posto que o prazo de alegacións en Valga remata o vindeira día 5; en Pontecesures o día 6, e en Padrón o 7. Amais desde esta plataforma cidadá traballan tamén en modelos de alegacións individuais. E é que segundo eles a repercusión neste Concello é inaceptable posto que afecta a varias casas e negocios, parte en dous o municipio e mesmo modifica o trazado do Camiño Portugués a Santiago. O sábado a plataforma Variante Non de Valga volverá a reunirse para acordar novas medidas de presión e mobilización ante a opinión pública. Pola súa parte, o goberno local de Pontecesures convocou unha reunión informativa para este xoves sobre este mesmo motivo e ca mesma postura que esta recen creada plataforma.