Ribeira acollerá un curso de formación para o coidado de persoas dependentes

RIBEIRA> O concello de Ribeira desenvolverá un curso de formación na atención a persoas dependentes no domicilio. A actividade comporase dous módulos: un de hixiene persoal e outro de mobilización de pacientes.

Entre o 25 de novembro e o 2 de decembro desenvolverase este novo curso impulsado pola concellería de Servizos Sociais sobre a atención a persoas dependentes, un sector con gran demanda de profesionais.

O temario componse de dous módulos: un de hixiene do paciente e outro de cambios posturais. Ademais dos contidos teóricos impartiranse varias horas de formación práctica.

O curso está dirixido a persoas desempregadas sen formación previa na materia. O número de prazas é de 15 que se adxudicarán por orde de entrada da solicitude. Os interesados poden realizar as inscricións no departamento de Servizos Sociais entre o 14 e 0 21 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí