Alfonso Rueda será o coordinador de campaña do PP nas municipais

GALICIA> Alfonso Rueda será o coordinador de campaña do Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais. Así se escolleu este sábado na asemblea a nivel autonómico da cúpula dos populares. Rueda coordinará, entre outras cousas, a implantación do programa marco en tódolos Concellos; un documento que está a piques de rematar o equipo liderado por Pedro Puy.

O actual vicepresidente do Goberno Galego, Alfonso Rueda, terá nos vindeiros meses máis choio, dentro da estrutura interna do seu partido, o PP de G. Esta fin de semana ven de ser elixido como coordinador de campaña dos populares para as vindeiras eleccións municipais, a celebrar o 24 de maio. Como novidade nestes comicios, Rueda contará cun equipo de catro persoas que o conectarán ca realidade dos pequenos e medianos concellos galegos: serán os alcaldes de Burela e as alcaldesas de Melide, Lobios e Marín. Rueda anunciou que o equipo liderado por Pedro Puy está a ultimar un programa marco para os Concellos galegos, acode ó programa xeral do PP Nacional. No tocante á designación dos candidatos das catro capitais de provincia serán designados polo Comité Electoral Nacional, namentres no resto das grandes cidades serán nomeados polo Comité Electoral galego.  No caso do Comité electoral da Provincia de Pontevedra nesta semana comezaron as reunións cos candidatos a alcaldes polos concellos de máis de cincuenta mil habitantes; todos agás Pontevedra e Vigo. Presumiblemente antes de finais de mes, comunicaranse a práctica totalidade dos candidatos ás alcaldías do PP nesta provincia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/rueda.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/comite_electoral_pp.mp4{/flowplayer}