O BNG acusa ó executivo de non atallar a tempo a praga dos olmos

    arboresalameda1000.jpgPOBRA> O BNG da Pobra denuncia o mal estado en que se atopan as árbores da Alameda, afectadas por unha epidemia de fungos.

    {flowplayer}barbanza/arboresalameda.flv{/flowplayer}

    No 2009, o executivo pobrense acometeu un proxecto de remodelación dos xardíns que incluía o tratamento das árbores para acabar coa praga de fungos que os afectaba. Sen embargo, os nacionalistas que daquela botaron en contra do proxecto sosteñen que non se destinou nin un só euro, dos douscentos mil subvencionados pola deputación, ó saneamento da vexetación.

    Agravamento

    Insisten dende o BNG en que o empedrado do paseo central da alameda contribuíu a agravar aínda máis o problema que padecen as árbores estando hoxe en día afectadas en moito maior grao.

    Ben distinta é a versión do concello que insiste en que se fixo todo o posible por sandar as árbores e conseguiuse que non saltara dos olmos a outras especies.

    Acta notarial

    Para evitar acusacións deste tipo, o propio alcalde levantou antes do inicio das obras de 2009 acta notarial das árbores que se atopaban afectadas, sendo as mesmas que na actualidade, documentación que pon ó servizo dos grupos da oposición que lla requiran.

    Ademais, o rexedor local informou que en novembro se procederá a replantar vinte e catro novas árbores que o concello xa ten reservadas en Castela León dende hai meses.

    Redacción Barbanza