Os mariscadores piden medidas ante a violencia do furtivismo organizado

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/21/reportaxefurtivismocabo2101151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/21/reportaxefurtivismocabo210115.mp4{/flowplayer} BOIRO> Os últimos episodios de pelexas entre furtivos teñen en vilo ás mariscadores de Cabo de Cruz que piden a toma de medidas para evitar que o problema se agrave. Ós efectos da acción dos mariscadores ilegais nas praias coa consecuente merma da produción engádese o medo a ser vítimas dunha agresión. Aínda que o furtivismo é xa un mal endémico en toda a ría de Arousa, algunhas confrarías como as de Cabo de Cruz están especialmente afectadas. Xa dende hai anos, coa anterior directiva, víñase denunciando o incremento do marisqueo ilegal que agora, co relevo no mando do pósito, persiste. A produtividade dos areais veuse moi afectada pola proliferación de furtivos que esquilman os bancos acabando coa cría polo que comprometen as futuras campañas. Denuncian que se tratan de banda organizadas, moi violentas, polo que xa non se sinten seguras nas praias e negan que sexan os mariscadores os que provoquen os enfrontamentos. Ademais da contratación de máis vixilantes para reforzar os controis nas concesións demandan da administración unha maior dureza nas sancións ós furtivos antes de que o conflito nas praias se volva insostible.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí