O Encontro Arqueolóxico abordará por primeira vez os xacementos subacuáticos

    BOIRO> Xa está todo listo para a novena edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza que se celebrará en Boiro a última fin de semana de febreiro. As xornadas pretenden continuar coa proxección internacional iniciada o pasado ano polo que contarán, ademais de expertos locais, con destacados profesionais doutros países. Nesta novena edición, o encontro arqueolóxico do Barbanza vai camiño de consolidarse como o decano galego das xornadas divulgativas neste eido. Un ano máis, os organizadores apostan polo carácter internacional do encontro que contará coa participación do investigador francés Serge Cassen, ademais doutros destacados expertos galegos e doutras comunidades. A principal novidade nesta edición será a inclusión da arqueoloxía subacuática no prorgrmaa a cargo do arqueólogo Miguel San Claudio. As ponencias desenvolveranse o 28 de febreiro e o un de marzo na casa da cultura de Boiro. Haberá dúas modalidade de inscrición; unha gratuíta para o público en xeral e outra, cunha cota de dez euros, para os asistentes que soliciten algún tipo de convalidación académica. Ademais do contido teórico, o fin de semana do sete e oito de marzo desenvolveranse unha serie de visitas a xacementos de interese na comarca. En vista dos resultados dos últimos anos, a organización agarda completar o aforo de trescentas persoas.O concello agradeceu a colaboración da Deputación da coruña que por noveno ano consecutivo fixo posible a celebración deste encontro de referencia en toda Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/27/presentacionencontroarqueoloxiconeixon2701151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/27/presentacionencontroarqueoloxiconeixon270115.mp4{/flowplayer}