O concello de Muros volverá a ter expositor propio en FITUR

    MUROS> O éxito de edicións anteriores foi unha das principais razóns polas que o executivo local volveu a apostar por repetir experiencia nesta feira. Unha delegación muradá encabezada pola alcaldesa, Caridad González, desprazarase ata Madrid para en Fitur, a feria internacional de turismo. A boa experiencia de anos anteriores foi unha das principais razóns polas que o executivo local decidiu volver apostar pola súa presenza nesta feira. Alí, no seu expositor, darán a coñecer os grandes atractivos desta vila mariñeira que destaca polo seu conxunto histórico e patrimonial, así como polos seus espazos naturais. Ademais do material publicitario, as persoas que se acheguen ata o stánd muradán poderán disfrutar tamén dun spot promocional que permite observar dende o aire os principais atractivos turísticos deste municipio.