O concello de Rianxo primará a ‘transparencia’ na elaboración do PXOM

    RIANXO > O concello de Rianxo segue a promover as charlas informativas sobre a Lei do Solo e a elaboración do PXOM polas distintas parroquias do municipio. O obxectivo é explicar a tódolos veciños a normativa que rexe a redacción deste Plan recollendo asimesmo as suxerencias aportadas polos rianxeiros na busca de consenso para a elaboración do documento urbanístico.

    O executivo rianxeiro pretende primar a ‘claridade e a transparencia’ no proceso de elaboración do PXOM dotando de información ós veciños para que comprendan que o concello non actúa de forma caprichosa senón baixo criterios lexislativos. Así, os técnicos municipais están a impartir charlas polas diversas parroquias para dar a coñecer as principais liñas da Lei do Solo de Galicia e as posibilidades de desenvolvemento urbanísitco do municipio.pxom300_190606.jpg

    A proposta actual non convence nin ós veciños nin ó propio concello posto que existen zonas rurais que resultarían moi prexudicadas con este plan. O obxectivo é elaborar unha proposta consensuada, que se faga eco das suxerencias veciñais favorecendo a construción de vivendas unifamiliares nos núcleos rurais.

    Así mesmo, o concello busca tamén o consenso coa Xunta de Galica para non atopar trabas na aprobación do documento unha vez se chegue ó final do proceso. A pasada semana, unha delegación integrada polos voceiros municipais realizou unha primeira toma de contacto co director Xeral de Urbanismo, Ramón Luaje. O representante autonómico comprometeuse a seguir mantendo xuntanzas cos técnicos para soluciona-los posibles problemas e atopar medidas que permitan o desenvolvemento dun bo plan xeral.

    Redacción Barbanza