Lantero porá en marcha mañá o seu ERTE co 50% da plantilla

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/lantero_inicio_erte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/lantero_inicio_erte.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> O ERE temporal de Lantero comezará a aplicarse mañá. Segundo o acordado, o expediente de regulación de emprego afectará ao 50% da plantilla da cartoneira, que recibirán a súa notificación por escrito. Tamén será mañá cando se reincorporen aos seus postos os 48 traballadores despedidos durante o conflito. Dúas medidas coas que a empresa busca, pouco a pouco, recuperar a normalidade. 

O acordo que puxo fin ao conflito de Lantero vai cumprindo as súas fases. Mañá, está previsto que se reincorporen aos seus postos de traballo os 48 despedidos durante a folga. Tamén será cando se poña en marcha o ERE temporal.

Segundo o acordado, o ERTE non afectará a ningún traballador máis de seis meses ao ano, e se aplicará durante un máximo de 21 meses. 

A vindeira semana, probablemente o luns 16, está prevista a constitución desta comisión que vele polo cumprimento dos acordos durante todo o proceso. Tamén será a responsable de acordar as dezaoito baixas voluntarias e prexubilacións que se terían que producir antes de 21 meses. Dende Lantero aseguran que xa solicitaron un encontro co comité o pasado venres para escoller aos representantes de ambas partes neste novo órgano.

A normalidade vai volvendo así á planta da cartoneira en O Pousadoiro, case seis meses despois de que estalara o conflito laboral que paralizou a factoría.