Vilanova aposta pola agricultura ecolóxica para fomentar o autoemprego

    VILANOVA> Vilanova bota o ollo a agricultura ecolóxica. O concello traballa para introducir novos cultivos no solo vilanovés, como por exemplo, o algodón. Este sería a segunda fase dun proxecto ambicioso no que aínda están a traballar. O primeiro paso darano o vindeiro 23 de febreiro, coa organización dun curso formativo nesta materia.

     

    ¿Imaxinan cultivar algodón no Salnés? Pois esta é unha das opcións que está a estudar o concello de Vilanova. 

    O concello mira agora cara a agricultura ecolóxica como xeito de fomentar o autoemprego, unha opción que ven pouco explotada na comarca.

    Segundo Tourís, Vilanova dispón dos terreos e da infraestrutura necesaria para facer esta aposta, pero o primeiro paso é formar. Por iso, agardan que o punto de partida sexa un curso de agricultura ecolóxica para 15 desempregados que acollerá Vista Real, e que comezará o 23 de febreiro.

    Tamén o 23 arrancará no pazo outro curso para parados, desta volta sobre instalación e mantemento de xardíns.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/30/cultivo_ecoloxico_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/30/cultivo_ecoloxico_vilanova.mp4{/flowplayer}