Bamio consigue sacar os santos da capela en procesión

    procesion_bamio100_230608.jpgVILAGARCÍA > As festas de Bamio transcorreron con normalidade, a pesar do conflicto que manteñen os veciños co cura párroco.

    A guerra entre os veciños de Bamio e o seu párroco saldouse a favor dos primeiros. O sábado a comisión de festas puido sacar en procesión as imaxes de San Xoan, San Antonio e San Xinés e ata conseguiron que un cura de Vilagarcía fora a dicir misa á capela. E conseguírono grazas ó vicario de Pontevedra. Os veciños foron a semana pasada á diócese de Santiago que decidiu mandarlles outro sacerdote, ante a negativa do párroco Leopoldo Barreiro a participar na festa relixiosa. O sábado tiñan a igrexa aberta e coas imaxes de sempre dentro listas para saír en procesión ata a capela de San Xoán.

    Todo foi con normalidade, catro mulleres da comisión levaron a imaxe de San Xoán, mentres que os homes portaron as outras dúas. O cura non os acompañou en todo o percorrido por cuestións de saúde pero xa os estaba esperando arriba para celebrar a misa. Pero estaba esperando arriba para poder celebrar la misa.

    Os veciños manifestáronse ledos por gañar esta primeira batalla con don Leopoldo pero tamén estaban molestos polo que tiveron que pasar. Lamentan o diñeiro que gastaron para comprar a imaxe de San Antonio, que agora doarán á capela. Non as teñen inda todas consigo e seguirán recollendo firmas para pedir o cambio de párroco.

    Redacción Salnés