A programación do Auditorio trae o IX Festival Os Anxos

    festival_osanxos_100_201009.jpgVILAGARCÍA> O espectáculo combina música, baile e interpretación. Detrás da súa montaxe están as Asociacións Culturais Os Anxos e a de Trabanca Sardiñeira.

    {flowplayer}images/salnes/201009_festival_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Desde cativos de tres anos ata os avós máis marchosos. Máis de corenta persoas subirán este domingo ó escenario do Auditorio para ofrecer un espectáculo singular onde os haxa. Desde interpretacións teatrais, ata mimos, coreografías de cancións modernas e algunha que outra sorpresa, como un videoclip protagonizado por algúns rostros coñecidos da política municipal. 

    A Asociación Cultural Os Anxos e a de Mulleres Rurais de Trabanca Sardiñeira levan nove anos unindo esforzos para dar vida a este evento sociocultural, que comezou como unha actividade de entretemento para os cativos da parroquia.

    Estes artistas afeccionados levan ensaiando os seus números desde o mes de xaneiro. A oportunidade para velos: este domingo, no Auditorio de Vilagarcía a partir das seis da tarde. A entrada será gratuíta ata completar aforo.

    Redacción Salnés