O Salnés destrúe 355 empregos en xaneiro mentres que O Barbanza crea 170

    SALNÉS/BARBANZA> Xaneiro deixa boas novas para O Barbanza. O primeiro mes do ano pechou na comarca con 170 novos empregos; un dato que contrasta co do outro lado da ría. En O Salnés, o paro tivo peor comportamento, e nos deixou 355 parados máis que no mes de decembro. As boas novas chegan dende a industria: en ambas comarcas foi o sector que creou máis emprego.

     

    O Salnés déixanos as peores novas. A comarca acada os 11.500 parados, despois de que  xaneiro pechara con 355 desempregados máis que no mes de decembro. Unha realidade que os sindicatos explican polo peso dos sectores servizos e primario, que destruíron case 400 postos de traballo.

     O peor dato é o de Cambados, un concello no que o especial peso da agricultura e da pesca deixou a 100 veciños sen traballo no mes de xaneiro.

    As boas novas chegan dende a industria. No Salnés, o sector contratou a 69 persoas. Un bo dato pero que parece pequeno comparado co do Barbanza. Alí, a industria creou 300 empregos. Da comarca, só Ribeira destruíu postos de traballo en xaneiro. 

    A ambos lados da ría, os datos deste primeiro mes do 2015 son mellores que os do ano pasado. Así as cousas, dende os sindicatos advirten da menor calidade dos contratos. Dende a Xunta, pola súa banda, non fan unha valoración positiva, pero si celebran a mellora do dato interanual.

    Galicia non foi allea aos malos datos do mes de xaneiro. As listas de paro subiron en máis de 7.000 persoas, case un 3%, co que o número total de demandantes de emprego inscritos acada os 259 mil. Este indicador é peor que o rexistrado no conxunto de España, onde o paro medrou case un 2% ata superar os 4 millóns e medio de parados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/03/paro_xaneiro_2015.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/03/paro_xaneiro_2015.mp4{/flowplayer}