MEIS> O Sergas non reabrirá os consultorios primarios de Paradela e de Vilaxoán por non adaptarse as medidas anticovid. Unha decisión que para a alcaldesa de Meis débese a motivos políticos e non sanitarios. Marta Giráldez denuncia que a situación do servizo médico no seu concello é penosa.
Os centro médicos de Paradela e Vilaxoán non reabrirán os seus consultorios primarios. Unha decisión que toma o Sergas ao considerar que estes centros non se adaptan ás medidas anticovid. A decisión molesta pero non sorprende ao concello de Meis, a alcaldesa cree que os motivos deste peche son políticos e non sanitarios.
Dende Meis xa lle propuxeron ao Sergas hai meses unha reforma do centro para adaptarse á situación. Unha proposta que non tivo resposta.
Ao peche do consultorio primario de Paradela súmanse a falta do servizo de pediatría na vila e ás vacacións dos médicos dos diferentes centros sanitarios, o que deixou a Meis cun só doutor. A alcaldesa denuncia que a situación médica en Meis é pésima.
Dende o goberno de Meis enviarán un escrito á xunta para pedirlle explicacións e solucións a esta situación. Unha circunstancia que tamén se repite en Vilaxoán, onde tanto o concello como a asociación de veciños leva meses pedíndolle ao Sergas que tome algunha solución.