Un libro percorre a transformación do Sanatorio de A Lanzada ata a Pousada actual

    O GROVE> O Grove acolleu na tarde de onte a presentación do libro “De sanatorio Gil Casares a Pousada de A Lanzada” de Olga Peón Blanco. Unha obra que relata a transformación deste edificio histórico dende sanatorio ata a actual Pousada do Salnés, a cal acollerá dende este verán a aqueles turistas que decidan pasarse por terras grovenses. 

     

    A Sala das Cunchas de O Grove acolleu a presentación do libro “De sanatorio Gil Casares a Pousada de A Lanzada” da autora Olga Peón Blanco.  Esta obra acompañada de fotografías, recadros e ilustracións serve para recordar os usos que tivo este emblemático edificio ó longo dos anos o mesmo tempo que para promover a súa transformación en establecemento hostaleiro.

    Este edificio promovido por Miguel Gil Casares, estivo ligado a funcións de carácter social e asistencial dende a súa apertura a principios do século pasado. Este médico preocupouse pola creación dun sanatorio de referencia para tratar a tuberculose, e veu na Lanzada o lugar idóneo debido as condicións meteorolóxicas.  No 1958 converteuse na sede dun colexio mixto para menores xordomudos e xa no 1963 foi adquirido pola Deputación de Pontevedra para destinalo a centro de vacacións para os nenos do Fogar Provincial.

    Na actualidade o edificio pasará a ser a sede dunha das Pousadas do Salnés, cumprindo así a función social que o caracterizou dende os inicios. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/libro_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/libro_lanzada.mp4{/flowplayer}