Novo berro dos emigrantes retornados contra a discriminación fiscal

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/04/manifestacionemigrantesretornadosbarbanza0402151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/04/manifestacionemigrantesretornadosbarbanza040215.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Os emigrantes retornados seguen adiante co seu calendario de mobilizacións para reclamar un trato fiscal xusto. Como cada mes, os afectados volveron facerse oír nunha manifestación polo centro de Ribeira. Os membros da plataforma de emigrantes retornados do Barbanza repetiron o seu percorrido habitual entre a delegación de Facenda e o concello de Ribeira. Armados con pancartas, megáfonos e mesmo cacerolas volveron facerse oír para que o seu problema non caia no esquecemento. Reclaman un trato fiscal equiparado ós traballadores que cotizaron en España, o recoñecemento das pensións de invalidez e que se suspendan as sancións polas declaracións non presentadas. A pesar de que o goberno iniciou un proceso para a regularización da situación dos pensionistas, o certo é que os expedientes iniciados seguen adiante reclamando ós afectados os pagos de contías que, en casos como os de Manuel, son inasumibles. Malia que están dispostos a pagar as contías correspondentes ó IRPF dos anos reclamados, insisten en que se suspenda o cobro das sancións e intereses de demora. Esixen ademais que a súa situación fiscal se equipare a dos pensionistas que traballaron en España xa que na actualidade consideran que están a ser discriminados. Instan ó goberno central a mover ficha a favor dos intereses deste colectivo, moi numeroso en Galicia. E advirten que continuarán coas súas mobilizacións ata conseguir os seus obxectivos.