Amicos participa no programa Erasmus +

    RIBEIRA> Na experiencia, que busca a integración das persoas con algún tipo de diversidade funcional nas aulas, participan tamén colectivos de discapacidade de distintos paises europeos. A Asociación Amicos participa con outros colectivos de atención a persoas con discapacidade de Reino Unido, Turquía, Romanía, Portugal e Grecia nun proxecto denominado “O Cambio Comeza con nós” que persegue mellorar a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas. No acto de presentación do programa participaron o Xefe Territorial da consellería de Educación, Indalecio Cabana, o aldalde de Ribeira, Manuel Ruiz, ou a propia presidenta de Amicos, Esther Vidal. Todos eles valoraron a importancia do proxecto e o feito de acadar unha integración real nas aulas. O proxecto, que constará de varias fases e encontros internacionais, desenvolverase ó longo dos dous próximos anos, na busca de solucións en común implementadas xa con éxito noutros países do noso entorno.