Rianxo celebra este domingo a XXV Festa da Xouba

    RIANXO> Rianxo celebrará esta fin de semana a vixésimo quinta edición da Festa de Xouba. Neste aniversario haberá varias novidades: a principal, o cambio de escenario da degustación que se celebrará no paseo da Ribeira. A xouba de Rianxo converterase nunha das protagonistas gastronómicas desta fin de semana. A festa comezará o venres aínda que o día grande será o domingo coa tradicional degustación que este ano cambia de escenario. Non será esta a única novidade da festa que estrea ruta de tapas a cargo da hostalería da vila que se prolongará ata o día 25 de xullo. Durante toda a fin de semana serán moitas as actividades a celebrar como complemento á exaltación gastronómica. Entre elas, o concerto de Treixadura o sábado ás once na praza de Castelao. Dende o concello apelan ós distintos sectores sociais e empresariais do municipio para que de cara á próxima edición volvan coller as redes da festa e se impliquen na súa organización.