Os veciños reclaman ante Política Territorial unha rotonda na Vichona

    concentracion100_050307__still_001.jpgPONTEVEDRA > A construcción dunha rotonda no cruce de A Vichona, na estrada que une Sanxenxo e Vilalonga, é a principal demanda…

    … dos veciños e políticos da zona.

    Unha representación das persoas afectadas polo proxecto de mellora desta estrada concentráronse esta mañá diante da delegación de Política Territorial de Pontevedra. O obxectivo: consegui-la suspensión e modificación deste plan. Falta de información e escurantismo.

    Os veciños afectados polo plan de mellora da estrada que une Sanxenxo e Vilalonga quéixanse da pouca información existente sobre este proxecto . Aseguran, ademais, que o cruce de cinco vías de A Vichona é perigoso e afirman que é absurdolevar a cabo esta proposta sen facer unha rotonda neste punto. Os veciños tiveron o apoio de Roberto Fernández Lores, portavoz do BNG de Sanxenxo, quen mostrou a súa solidariedade cos afectados. Unha pequena comitiva dos veciños logrou unha reunión coa delegada de Política Territorial que recibiu un documento con máis de 1.500 sinaturas pedindo a suspensión e a revisión deste plan.

    vichona100_050307__still_001.jpgEste proxecto de mellora conseguiu que os tres grupos municipais de Sanxenxo teñan unha postura común: Reclama-la revisión deste plan e a necesidade dunha rotonda no cruce de A Vichona. O polémico cruce trátase dun nó de estradas no que coinciden ata cinco camiños principais. Os veciños aseguran que os accidentes están á orde do día.

    Redacción Salnés