POBRA> A décima edición das bolsas deportivas Juan Lampón repartirán un total de mil cincocentos euros entre os estudantes de secundaria do Barbanza- A convocatoria deste ano estará aberta a tódolos centros de ensinanza secundaria da comarca. Hai xa dez anos que os pais de Juan Lampón promoveron a convocatoria destas bolsas deportivas en homenaxe ó seu fillo, falecido nun accidente náutico. Precisamente con estas axudas preténdese premiar a traxectoria daqueles estudantes que, tal e como facía Juan, compaxinan a súa paixón polo deporte con bos resultados académicos. Os seis solicitantes que acaden mellor puntuación, segundo os criterios establecidos, recibirán unha axuda de douscentos cincuenta euros para a compra de material escolar ou deportivo. O acto de presentación celebrado esta mañá no instituto da Pobra contou cun convidado de excepción: o tricampión do mundo en para-taekwondo, Álex Vidal, quen se encargou de transmitir ós rapaces a importancia do deporte como motor de superación. Precisamente, un dos próximos retos para este campión será chegar a participar nos Xogos de Tokio, tralo recente anuncio de que esta disciplina será Olímpica en 2020. A curto prazo, Álex Vidal pensa xa en acadar unha nova victoria no próximo europeo, que se celebrará entre o 18 e o 20 de abril en Moldavia.
Inicio Barbanza - Muros - Noia