O BNG presentará quince emendas ós presupostos da Xunta do ano que vén

    BARBANZA> As propostas dos nacionalistas, por un valor total de máis de trece millóns de euros, refírense principalmente á sanidade e á rexeneración da Ría. O BNG da Barbanza presentou esta tarde as emendas que o seu grupo parlamentario presentará ós orzamentos da Xunta para o ano que vén.Serán un total de quince, sumando máis de trece millóns de euros. Con elas os nacionalistas pretenden que se dea resposta as grandes necesidades da comarca, esquecida nos últimos anos polo goberno do PP. Unha das partidas máis importantes, que suma dous millóns de euros reclama a activación do polígono industrial comarcal e se inclúa tamén unha partida para a posta en marcha do viveiro de empresas en Boiro. En políticas sociais reclaman tamén outros dous millóns de euros para o hospital da Barbanza. Seguindo coas demandas en materia social, o BNG solicita tamén partidas para o arranxo do centro de saúde da Pobra e o inicio dos trámites para a construción do centro de día de Rianxo. Outras das emendas máis importantes fan referencia á actuacións encamiñadas á rexeneración da Ría, 1’5 millóns de euros, ou obras de saneamento, por un valor total de máis de dous millóns.