O emprego e as políticas sociais serán os piares dos orzamentos da Deputación para 2024

BARBANZA> Acompañado do vicepresidente Xosé Regueira, e o deputado de Facenda, José Ramón Rioboo, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, compareceu esta mañá diante dos medios para dar a coñecer os orzamentos da institución provincial para o vindeiro ano 2024.

A cifra total do presuposto supera os 222 millóns de euros, a máis alta da historia da entidade cunha suba do 7’2% con respecto ó do exercicio anterior.

Na súa intervención González Formoso aludiu ás que serán as súas liñas estratéxicas, que non son outras que a creación de emprego, o benestar social e o apoio ó rural.

A Deputación volve apostar un ano máis polo Plan Único de Obras e Servizos (POS+) que se incrementa nun 10% ata chegar ós 50’5 millóns de euros de orzamento inicial.

Tamén fixo referencia ó Plan de Emprego Local (PEL), que verá aumentada a súa contía nun 24’1%, situándose nos 16 millóns de euros ou a suba das partidas destinadas a políticas sociais, que se situarán por riba dos 24 millóns de euros, o que supón un 6’5% máis que o orzamento de 2023.

Por último as áreas de Cultura e Deportes tamén verán incrementadas as súas partidas, sumando ambas máis de 18 millóns de euros para programas como a Rede Cultural, o maior circuito estable de actuacións ó vivo de Galicia, ou o de promoción do  deporte de base, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí