O Barbanza quenta motores para celebrar o entroido

    BARBANZA>O concello de Boiro deseñou un programa de actividades que pretende implicar a tódolos sectores da poboación neste entroido. Así, haberá concursos e desfiles para nenos e maiores e non faltarán as degustacións dos doces típicos destas datas. A oitava festa da orella de porco, que se celebrará o sábado día catorce no Campo de Revelar abrirá a programación festiva. A romaría contará, como tódolos anos, coa colaboración da asociación de veciños Río Breiro. O domingo será o día adicado ós cativos coa festa infantil na praza de Galicia mentres que o martes de entroido terá lugar o desfile e concurso de disfraces para adultos que repartirá un total de tres mil euros en premios. Este ano, o departamento de Servizos Sociais sumarase tamén ó entroido coa organización dun baile de disfraces que se celebrará o sábado día 21 no pavillón de Santa Baia. As celebracións chegarán á súa fin o domingo cos enterros do Felipiño, en Lampón, do Óso en Abanqueiro, da Sardiña, en Boiro, e da Cunca, en Praia Xardín. Tamén en Porto do Son quentan motores para festexar o entroido por todo o alto. Ademais dos concursos de disfraces organizados polo concello, destacan as numerosas actividades promovidas polas asociacións do municipio. Os nenos que desexen participar no concurso de disfraces do sábado, do que sairá o Rei e a Raíña do entroido, xa se poden anotar na biblioteca municipal. Dispoñen de prazo ata o próximo venres día 13, ó igual que os adultos que participarán no desfile e concurso do domingo, nas categorías de comparsa, grupo e individual. O luns haberá obradoiros e inchables no pavillón de Santa Irene. E o martes será o día dedicado á gastronomía cunha degustación de produtos típicos destas festas na praza de España. Correrá a cargo da asociación parroquial Loa, Amas de Casa, Club de Xubilados e ANPA do colexio Santa Irene. O mércores ás sete e media sairá da praza do concello a comitiva fúnebre para enterrar ó Felipiño. ö remate, os participantes desfrutarán dunha chocolatada nas instalacións do Club Naútico. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/entroidosbarbanza0602151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/entroidosbarbanza060215.mp4{/flowplayer}