Alumnos do IES Nº1 de Ribeira promoven a conciencia medioambiental a través do Proxecto Ríos

RIBEIRA> Alumnos do IES Número 1 elaboraron material divulgativo sobre a riqueza ecolóxica do rego das Saíñas. O concello editará os carteis para colocar tanto na zona do río como da marisma co fin de concienciar á poboación sobre a importancia medioambiental destes ecosistemas. Elaboraron tamén varios mapas de metrominuto para fomentar os desprazamentos a pé.

Crear conciencia medioambiental e fomentar hábitos de vida saudables. Este é o obxectivo do proxecto que desenvolveron os alumnos do IES Coroso. Por unha banda, deseñaron uns carteis sobre a biodiversidade existente no rego das Saíñas e a marisma para sensibilizar á poboación sobre a importancia de coidar o ecosistema.

En paralelo, elaboraron uns mapas de metrominuto coas distancias a lugares de interese do municipio tomando como punto de partida o instituto co fin de promover os desprazamentos a pé.

No proxecto, tomaron parte estudantes de cuarto da ESO e de primeiro de Bacharelato así como alumnos que participan no club de ciencia. Levan traballando dende principio de curso nestes materiais que agora o concello editará para colocalos pola contorna.