Asemblearismo e autofinanciamento para a excursión de fin de curso

POIO> Asemblearismo e autofinanciamento para a súa excursión escolar. Estes son os principios sobre os que naceu unha iniciativa duns rapaces de segundo da ESO do IES de Poio. A intención é que a viaxe supoña un custo cero para todos e cada un dos 28 alumnos da clase, un obxectivo para o que incluso petaron na porta do concello.

 

Converter unha excursión para toda a clase no seu proxecto da materia de Educación para a Cidadanía. Esta foi a determinación que tomaron os alumnos de 2ºA da ESO do IES de Poio. 

A decisión foi tomada en asemblea e, a partires do acordo, os rapaces comezaron a traballar para conseguir autofinanciar a viaxe. Con esta idea en mente, petaron na porta do concello.

Montarán o posto aproveitando o tirón do Entroido. O día 15 Poio organiza un desfile que percorrerá parte do concello dende Campelo ata A Seca. Os que se acheguen ata o posto destes rapaces poderán colaborar con eles mercando doces caseiros por só un euro.

Dende o instituto están máis que orgullosos coa iniciativa dos seus alumnos que traspasou as fronteiras da materia e do centro.

O receptor da proposta, o concello, tamén se interesou dende o principio. Para o alcalde, estas iniciativas poden ser o xermolo para que as novas xeracións aposten polo asemblearismo.

O asemblearismo e o autofinanciamento son os piares da excursión destes 28 rapaces de 13 anos. Agora só lles queda decidir o destino no que descansarán despois do duro traballo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/10/proxecto_estudantes_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/10/proxecto_estudantes_poio.mp4{/flowplayer}