Os deportistas amosáronse “encantados” de celebrar en Pontevedra o ITU Multisport 2019

Pontevedra> O ITU Multisport Festival celebrarase do 27 de abril ao 5 de maio do 2019. Unha cita que foi potenciada e presentada por todo o alto a pasada semana en Dinamarca. Esta mañá tivemos a oportunidade de falar cunha das embaixadoras nesta misión da cidade, quen nos deixou claro que os deportistas e os seus equipos están encantados de celebrar este evento na Boa Vila.

O ITU Multisport celebrado na pasada semana en Fyn, Dinamarca, troxuo moi bo sabor de boca para a Boa Vila. Será esta unha cita que acollerá a nosa cidade de cara ao vindeiro ano, concretamente do 27 de abril ao 5 de maio e que atraerá a un milleiro de deportistas de todo o mundo.

Esta relacións públicas encargouse de contarlle aos deportistas como é e darlle información sobre Pontevedra, Beth dixo que moitos xa coñecen a Boa Vila e que todos están encantados de poder celebrar na capital de provincia esta importante cita deportiva.

Unha cita onde Pablo Dapena terá a oportunidade de defender o seu título na casa e onde tamén participará un dos grandes favoritos, Javi Gómez Noya.