A situación de Elnosa chega ao pleno da Deputación

Pontevedra> Rexeitada, no pleno da Deputación, a moción do PP na que se instaba á presidenta a interceder para manter os postos de traballo de Elnosa.  Os populares creen que é necesario loitar por eses postos de traballo e dende a oposición consideran que a empresa é a que ten que velar por eses traballadores. Un pleno, o desta mañá, que foi o último deste curso político.

A situación de Elnosa tamén chegou nesta xornada ao Pleno da Deputación. Dende o PP presentaron unha moción na que instaban á presidenta a interceder co fin de manter os postos de traballo desta empresa.

Dende as filas nacionalistas deixaron claro que a empresa podería manter eses postos e buscar unha ubicación diferente a onde está na actualidade, na ría de Pontevedra.

E dende o PSOE lembraron que dende este partido sempre cumpriron coa súa política medioambiental.

Unha moción que saíu rexeitada cos votos en contra do PSOE e o BNG. E un pleno que pon punto e final a este curso político, os deputados e a presidenta tomarán uns días de vacacións para retomar a súa axenda no mes de setembro.